Sobre nós

Encaixe é unha potaxe musical nada das inquietudes musicais e artísticas dos seus compoñentes.Toda esta variedade estilísitica converxe nunha aposta forte pola música elaborada en Galiza e Portugal,  facendo versións de grupos como Dhais, Marful, Zeca Afonso ou Maro. No ano 2015 gañamos o concurso da TVG "Oh Happy Day " e no 2018 recibimos o premio Martin Códax da Música ao mellor proxecto de música vocal. Recentemente temos colaborado con diferentes artistas : Leilía, Mondra, De Vacas, Nanan, O Gajo, Davide Salvado, Carlangas…